O Concello de Boiro lanzou un comunicado sobre o acontecido no pleno da Corporación deste xoves 26 de xaneiro, que foi emitido como de costume a través da canle de Youtube do Concello, e no que se verteron acusacións sobre o trato achegado á mulleres vítimas da violencia por parte do Executivo local e os equipos municipais.
Este sería o comunicado:
“O Concello de Boiro, ante as graves acusacións e denuncias formuladas na sesión plenaria celebrada o 26 de xaneiro de 2023 ás 20.00 horas nas que se acusa á propia institución e traballadores e traballadoras municipais en relación ao trato recibido por un grupo de mulleres en situación de violencia de xénero, abriu os procesos de investigación interna necesarios para aclarar os feitos e proceder a incoar os expedientes precisos a fin de esclarecer as situacións denunciadas”.
“Faranse máis declaracións aos medios unha vez este Concello conte con datos máis exactos en base ao resultado das investigacións iniciadas”.




