O Certame de Carrozas do Entroido de Rianxo entregará 4.000 euros en premios gratificacións

30 Xaneiro 2023

O Certame de Carrozas do Entroido Rianxeiro xa quece motores e o Concello achegou estes días unhas poucas novidades sobre a nova edición do mesmo. Segundo fixo saber, este ano engadirase ao programa tradicional un concurso de disfraces en grupo. Ademais, repartiranse 4.000 euros en premios e gratificacións.

Dende o Consistorio tamén fan saber que neste punto de inflexión entre xaneiro e febreiro comunicaranse máis detalles sobre o Certame de Carrozas. Tamén lanzan un chamamento á cidadanía e ás asociacións a participar nos concursos, que, como vén sendo tradición, celebraranse o domingo de Entroido. No certame poderán sumarse grupos que deberán acudir á praza Castelao cunha carroza e levando a cabo unha escenificación. A partir de aí, comezará o desfile polas rúas do centro urbano de Rianxo.

O xurado valorará novamente cuestións como a orixinalidade e a creatividade de cada proposta, así como o traballo que teñen detrás para a súa materialización. Tamén se atenderá á escenificación das carrozas e aos disfraces das persoas que participen nelas.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...