Nuns días empezará o cambio integral da cuberta do Centro de Saúde de Palmeira

16 Xaneiro 2023

A xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, acompañada polo alcalde de Ribeira, Manuel Rivas, o director do Distrito do Barbanza, Salvador Mariño-Ageitos e a directora de Recursos Económicos, María José López Rebollo, entre outros, visitaron esta mañá o Centro de Saúde de Palmeira e informaron aos profesionais e usuarios das obras que se van levar a cabo e da colocación dun Punto de Atención Móbil da Consellería de Sanidade para dar asistencia mentres se realizan ditas obras.
A de maior envergadura é o cambio integral da cuberta, cun orzamento de 57.000€ asumidos pola
consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde. Está previsto que estas obras comecen a finais
de xaneiro e que finalicen nun mes, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.
Unha vez rematada esta obra exterior, procederase ao acondicionamento das zonas de interior.
Non obstante, o Punto de Atención Móbil quedará instalado o vindeiro luns e conta cunha consulta médica, outra de enfermaría, unha sala de espera, un punto administrativo e aseos, amais dunha rampla para o acceso de persoas con mobilidade reducida. Na visita realizada esta mañá xa se analizaron, tamén, as conexións precisas de auga, electricidade, telecomunicacións, etc..

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.