Novo roteiro no concello de Dodro

18 Xaneiro 2023

A área de Turismo da Deputación da Coruña, que xestiona o vicepresidente Xosé Regueira, financiou a renovación da sinalización da ruta literaria ‘Pensa Nao que, realizada por Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega, percorre os lugares dos protagonistas de “Pensa Nao”, Premio Xerais de Novela en 1999 de Anxo Angueira.
En “Pensa Nao” Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista.
Esta ruta, igual que a novela, percorre os principais xacementos arqueolóxicos de Dodro, os petróglifos de A Devesa, de Bouza Badín que foi posto en valor fai pouco pola Deputación da Coruña, o Castro de Bexo que está incluído no Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro que promove tamén a Deputación da Coruña, así como diversos sitios destacados na novela e os últimos lugares que deixaron os protagonistas María e Amaro.
A ruta empeza no Souto de Manselle, o Sernanselle da novela, onde se atopan a Casa de Camoiras o Souto e o cruceiro.

Pasa a ruta por soutos de castiñeiros, carballeiras, camiños centenarios e miradoiros onde se pode apreciar todo o val do Ulla e onde os protagonistas da novela teñen os seus encontros…
Andamos a ruta pasando polos petróglifos de A Devesa, de Bouza Badín, onde Amaro fai os calcos, pero tamén polo Castro de Bexo que a novela describe como o “Castro de Mouras”.
Remata a viaxe de Amaro, na novela Pensa Nao, embarcando nas Brañas De Laíño e María vendo ir o seu amor polo río…
Pero o camiño segue hasta volver á aldea de Manselle, “Sernanselle” na novela, pasando polos Hórreos da Lavandeira, a aldea de Castro co seu monumental Hórreo do Arco restaurado recentemente polo Concello de Dodro, e así rematar os 17 Km desta ruta circular que percorre as parroquias de San Xián e San Xoán de Laíño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...