Arrinca este venres unha nova edición da Semana Cultural de Aguiño que chega á súa XVIII edición

20 Xaneiro 2023

En Aguiño esta fin de semana acolle unha nova edición da Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño, que leva o nome do párroco fundador e da asociación que organiza e que vai xa pola súa decimo oitava edición.

Serán tres xornadas con actividades para xente de todas as idades, todas de acceso gratuíto e ata encher aforo, os días 20, 21 e 22 de xaneiro. O primeiro día será o historiador e escritor Daniel Bravo Cores o que dará unha conferencia sobre Aguiño na historia; continuará un pequeno concerto da Orquestra Nova Sons, formada por preto de vinte integrantes de distintas idades que compoñen a canteira da orquestra Sons do Mar de Aguiño para rematar cun ágape para todos os asistentes.

Na mesa estarán ademais da presidenta da asociación, Elvira Pisos, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas para inaugurar esta edición; tamén estará Manuel Cartea, presidente de Barbantia, que colabora nesta xornada e o propio Bravo Cores.

O sábado serán os actos do 19 Aº do pasamento de Francisco Lorenzo Mariño, que finou o 16 de xaneiro de 2004; primeiro ás 17 h cunha ofrenda floral e lectura de manifesto cunhas gaitas do país no cemiterio de San Vicente de Noal no Son, onde está enterrado, e despois coa misa aniversario na igrexa parroquial de Aguiño ás 19 h; pechará o día unha representación teatral a cargo do Grupo Charamela de Melide co espectáculo “Adulterio Decente” baixo a dirección de Mari Carmen Neira.

O domingo os máis cativos terán a oportunidade de asistir a un concerto infantil e familiar a cargo de Brais das Hortas baixo o título “Consertasso na horta”, será ás 18 h no conservatorio de Aguiño.

Para a realización destes actos a asociación conta coa colaboración do Concello de Ribeira, Deputación da Coruña, Conresa e outras empresas así como as asociacións Barbantia e Sons.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.