“Morto o can, rematou a rabia: só cinco pezas do pazo de Meirás, para os Franco (polo de agora)” – Antón Luaces

25 Xaneiro 2023

Obras de arte e antigüidades de incalculable valor reclamados como propios pola familia Franco, son recoñecidos como propiedade do Estado polo auto ditado pola Audiencia Provincial da Coruña contra o que xa non se poderá presentar recurso.

De máis de cincocentos obxectos de gran valor económico e histórico, a familia Franco só poderá “rescatar” cinco nesta fase da andaina xudicial: os anxelotes de bronce da capela, unha virxe, dúas lámpadas e uns apliques metálicos. A estes obxectos se suman as alfombras que xa se lles adxudicara anteriormente aos herdeiros.

O Tribunal  considera que non  consta que os bens reclamados pola familia do ditador -entre outros, 3.200  volumes da biblioteca da escritora propietaria do pazo, dona  Emilia Pardo-Bazán- chegaran ao pazo posteriormente á morte de Francisco Franco. A  decisión é firme, non cabe recurso contra dela e senta un  precedente ao ter en conta a mesma o valor do inventario practicado polo Estado e os testemuños dos historiadores e investigadores do pazo e a documentación histórica do mesmo, este actualmente recoñecido pola Xunta como Ben de Interese Cultural (BIC).

A familia Franco reclama como propios un total de 133 bens (entre eles unha pista de tenis) que o Estado considera se trata de bens inmobles inseparables do pazo. Compre determinar, agora, quen é o propietario do pazo e os outros bens anexos, así como dos outros 164 bens dun valor incalculable que, como a mesa na que escribía dona Emilia e outros elementos dos séculos XVI, XVII e XVIII había en distintas dependencias da casa solariega da condesa.

O litixio seguido ata o de agora centrou sempre a reclamación no valor, tanto do continente como do contido, da capela do pazo que acubilla todo o valor histórico do pazo de Meirás, perdidos xa elementos como as fincas e bens inmobles que, ao parecer, xa foron vendidos polos herdeiros de quen foi durante case 40 anos “Caudillo de España por la G. de Dios”.

Compre lembrar que en 1978 o pazo foi pasto dun importante incendio que, segundo a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, puido ser provocado co obxectivo de que a familia Franco sacara ilegalmente de España unha boa parte das obras de arte e antigüidades que había no interior da que fora residencia de verán de Francisco Franco e a súa familia após a ocupación do pazo en 1938. O incendio aconteceu días despois dun inusitado trasfego de camións -moitos deles militares- tapados con lonas, que saían e entraban no pazo escoltados por gardas civís e soldados.

O incendio foi declarado oficialmente como causado por un  curtocircuíto. A familia Franco falou dun atentado terrorista. Testemuñas do incendio afirmaron aquela noite que o lume tiña tres focos simultáneos, algo que leva a cavilar na improbabilidade de tres curtocircuítos en tres lugares distintos do edificio ao mesmo tempo. O daquela xuíz de paz e posteriormente alcalde de Sada, Ramón Rodríguez Ares, participara activamente no rescate e control dos obxectos recuperados do interior do pazo incendiado.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.