“Mortes masivas de peixe e varamentos de mamíferos mariños”. Antón Luaces

11 Xaneiro 2023

Nos últimos días e meses e en  distintos lugares e Europa e Suramérica rexistráronse varamentos de mamíferos mariños e mortes masivas de peixe, sen que, ata o de agora, se chegara a fixar o motivo destas circunstancias. Desde o envelenamento ata os efectos do cambio climático e a inxesta de plásticos, barállanse todas as posibilidades, sen que ninguén, ata o de agora, concretara que provocou ou provoca situación como as citadas.

No fondo das varias praias que existen na baía de Douarnenez, no Fisterra francés, apareceron o martes, día 10, centos de miles de sardiñas e xurelos e medusas corticantes, feito qu,e levou ás autoridades francesas a comezar unha investigación que permita coñecer con exactitude as causas deste desastre (que poderían ser naturais) que tinguiu de azul os areais da citada baía.

Son centos de miles de exemplares, maiormente sardiñas e xurelos de calidade extra, os que cubren as praias da devandita baía de Douarnenez, descubertas o martes pola mañá polos camiñantes cotiáns nestas zona do Fisterra galo. O peixe, evidentemente morto, cubria unha extensión duns tres quilómetros da beiramar, feito insólito que ninguén en Francia puido ver ata o de agora. Son, en calquera caso,  exemplares adultos de ambas as especies que non se poideron aproveitar dado que se descoñece a causa da súa norte.

O varamento do peixe nas praias do Fisterra de Francia prodúcese uns meses despois doutro masivo varamento de golfiños e candorcas negras en Ushuaia (Arxentina) sen que, a día de hoxe, se informara de que foi o que poido levar a estes animais mariños ata as inmediacións do embarcadoiro onde, pola inercia no seu desprazamento, moitos exemplares colidían entre sí nun rebumbio  nunca visto ata entón.

Por outra banda, na rexión chilena de Valparaíso, os habitantes de Punta de Tralca víronse solprendidos polo  varamento de centos de peixes de distintas especies que cubrían boa parte da praia e os rochedos desta, así como na zona próxima a unha parte arborada da zona de baño e de deporte de escalada.

Cada vez son máis os fenómenos destas características que, en  moitos casos, nen sequera contan con antecedentes, o que fai que cada vez máis se baralle o, posible efecto  do cambio climático sen que se desboten outras causas como a contaminación cada vez maior de amplas zonas  costeiras.

Feitos coma os citados levan a pensar unha e mil veces na presencia no mar de microplásticos que os animais mariños inxiren e que provocan a súa norte, e os constantes verquidos contaminantes desde a costa que, no caso das rías galegas, non rematan de corrixir eliminando os mesmos.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.