Medio milleiro de estudantes participaron en Ribeira na xornada de portas abertas da USC

24 Xaneiro 2023

Arredor de cincocentos estudantes participaron na mañá deste martes 24 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ribeira na xornada de portas abertas promovida pola Universidade de Santiago coa finalidade de dar a coñecer a súa oferta formativa entre o alumnado da comarca.

A xornada foi inaugurada polo reitor da institución académica, Antonio López Díaz, xunto co alcalde Manuel Ruiz Rivas.

López recalcou que resulta “fundamental ter estudantes para ter universidade” e manifestou que “actualmente Galicia está vivindo un proceso demográfico complicado, pasando en dúas décadas de 96.000 a escasamente 60.000 estudantes universitarios”. Por iso, engadiu, “tratamos de achegarnos o máximo”.

Pola súa parte, o rexedor municipal salientou tamén a calidade da formación da USC, “seguramente das que mellor podedes encontrar neste país”, á vez que se pode palpar o ambiente dunha cidade netamente universitaria.

A xornada contou coa disposición dunha serie de stands no andar superior do Auditorio nos que as e os asistentes tiveron a oportunidade de recibir información sobre as titulacións existentes nos campus de Santiago e Lugo, sobre outros servizos en materia de voluntariado, cultura ou deporte, ou sobre a posibilidade de aloxarse en residencias universitarias ou colexios adscritos nunhas condicións económicas adaptadas á necesidades de cada familia (con prezos menores incluso aos 60 euros ao mes).

Os postos informativos estiveron complementados con obradoiros e demostracións, como talleres de robótica, un simulador de terremotos, mesas informativas sobre aplicacións de drons no sector agroforestal, instalacións de cultivos hidropónicos e in vitro, etcétera

Por outra parte, no salón de actos do andar baixo do Auditorio desenvolvéronse dúas mesas redondas dedicadas, por unha parte, a titulacións de tecnoloxía, ciencias e ciencias da saúde e, por outra, a titulacións de ciencias sociais e humanidades, ademais dunha conferencia dedicada ás probas ABAU e o acceso á universidade.

Outros artigos

Cáritas Ribeira segue coa recollida solidaria de alimentos

Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos que durará todo o mes, excepto Gadis que o fará ata o día 16 pero actualmente en trámites de ampliación. Cáritas Ribeira segue coa recollida de alimentos, unha campaña que durará todo o mes. A organización busca axudar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

Un coñecido neurólogo e escritor español xa falecido, Carlos Castilla del Pino, ocupado nos seus intres libres en reflexións cargadas de sentido común, deixou dito o que a todos se nos antolla obvio, “hai erros na vida, e hai vidas erradas: son cousas distintas”. A...