Máis de medio milleiro de persoas participaron no Festival de Reis do Concello de Lousame

09 Xaneiro 2023

Finalmente o Festival de Reis do Concello de Lousame, celebrado este sábado 7 de xaneiro (no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra, na Silva) para pechar as actividades de Nadal no municipio, resultou ser un rotundo éxito. Segundo informaron fontes do Consistorio, participaron nel máis de medio milleiro de persoas.

O evento estivo presidido pola alcaldesa Teresa Villaverde, quen estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez. Acudiron non só persoas de Lousame, senón doutros concellos da contorna do Barbanza e de comarcas veciñas como a de Santiago.

No Pavillón déronse cita ata cinco inchables diferentes, cun touro mecánico e un DJ que puxo música en directo e que, a petición dos pequenos, non deixaba de empregar fume, o que xerou un ambiente que se asemellaba á néboa na derradeira hora da festa.

Flocos de millo e chocolate con churros eran as propostas gastronómicas, máis empregadas polos pais e nais, que ocupaban as gradas do polideportivo mentres a cativada desfrutaba dos distintos xogos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.