Lousame investirá 127.000 € do POS+2023 a pavimentación de camiños e núcleos e destinará 197.000 € a gasto corrente

30 Xaneiro 2023

O pleno municipal de Lousame aprobou por unanimidade a proposta da alcaldía para o Plan Único de Concellos (POS+ 2023) da Deputación da Coruña, que ascende a 324.530,56 euros, así como os 164.320 euros do plan complementario.

Desta maneira, o Concello de Lousame destinará os 127.210,82 euros da achega provincial 2022 a dúas obras: pavimentación do camiño entre Carantoña e Abeixón (87.065,6 euros) e pavimentación do acceso ao núcleo de Aguiende (40.145, 22 euros). Os 197.319,74 euros da convocatoria 2023 serán destinados a gasto correntes.

Finalmente, o pleno aprobou tamén un plan complementario por importe de 164.320 euros que inclúe dúas actuacións de mellora da pavimentación en camiños:

• Pavimentación dun camiño de Aldarís a Burzó, por 134.320 euros.

• Pavimentación dun camiño desde a estrada AC.4201 ata a Igrexa de Lousame, por algo máis de 50.000 euros.

Neste último proxecto, a voceira do PSOE preguntou polos motivos de non comezar as obras ao inicio deste camiño, ao que a alcaldesa Teresa Villaverde respondeu que se trataba de actuar sobre unhas raíces no camiño e chegar así “a unha zona que se vai poñer en valor con outro proxecto como é a contorna da Igrexa de San Xoán de Lousame”.

No seguinte punto, o pleno aprobou sen debate e cos votos a favor de PP e PSOE, e a abstención do BNG, o crédito extraordinario 1/2023 para subvencionar os 237.000 euros solicitados ao Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Un empréstito sen xuros e a devolver en 8 ano e que inclúe cinco proxectos de obras:

• Redución da contaminación lumínica e mellora da eficiencia enerxética no alumeado público do concello de Lousame, un proxecto orzamentado en 250.107 euros e que inclúe actuacións en Aldeagrande, Marracín e Tállara. O Concello solicita o 15% da actuación, 37.516,05 euros, dos 250.107 euros.

• Pavimentación do núcleo de Camboño, por un importe de 210.174,25 euros, dos que o Concello solicita un préstamo polo 30% da actuación (63.052,27 euros).

• Melloras na contorna da igrexa de San Xoán de Lousame, por un importe de 66.334,11 euros. O Concello solicita o 100% do importe da actuación.

• Mellora do lavadoiro de Lesende, que contempla un investimento de 49.545,12 euros e cun prazo de execución de tres meses. O Concello solicita o 100% do importe da actuación.

• Melloras no lavadoiro de Meixonfrío, por un importe de 20.710,69 euros. O Concello solicita o 100% do importe da actuación.

Non se presentou moción algunha e a sesión pechouse con rogos e preguntas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.