Co inicio do novo ano, a iniciativa ‘A USC Camiña. Xornadas de Achegamento á USC’, recupera os desprazamentos ás distintas vilas galegas para achegar ao alumnado preuniversitario a oferta docente e de servizos da USC. A primeira das citas desta actividade itinerante desenvolverase no Auditorio de Ribeira este martes 24 de xaneiro a partir das 9.30 horas. O acto contará coa participación do reitor Antonio López e do alcalde de Ribeira, Manuel Santos Ruíz.
A oferta formativa cultural da Pobra engade clases de retratos pictóricos
O curso 2024-2025 conta con novidades na oferta formativa cultural da Pobra do Caramiñal. A partir do vindeiro mes ofrecerase a oportunidade de aprender a pintar retratos da man do artista Andrés Bernal. Este xénero pictórico impartirase nos luns e nos mércores, a...