Galicia recorre a xuristas especializados en dereito europeo para reforzar e apuntalar a súa participación no recurso da frota contra o veto á pesca de fondo

26 Xaneiro 2023

O Consello da Xunta analizou hoxe os pasos a dar pola comunidade autónoma para acompañar ao sector pesqueiro galego no seu recurso contra o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas en 87 zonas de augas comunitarias e constatou a necesidade de recorrer a xuristas especializados en dereito comunitario para que as súas demandas ante a Xustiza europea teñan máis posibilidades de prosperar.   

O Executivo galego -que actuará como parte coadxuvante no recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7)- defende tanto a suspensión temporal da aplicación desta prohibición como a súa anulación definitiva, polo que decidiu contratar un servizo xurídico especializado para reforzar e apuntalar a súa estratexia e a da propia OPP co fin de acadar os mellores resultados posibles.

O prazo para que a comunidade poida exercer a súa potestade de actuar como parte coadxuvante será de seis semanas unha vez que o recurso da frota saia publicado, para información pública, no Diario Oficial da Unión Europea. A partir dese momento será fundamental actuar con celeridade e cunha estratexia ben definida, polo que se fai necesario recorrer a profesionais con experiencia na materia e familiarizados cos procedementos que rexen nas accións ante os tribunais europeos.

A Xunta exercerá así a mellor defensa posible dos seus intereses pilotando unha acción que a Asesoría Xurídica Xeral non pode exercer por si soa ao precisar de medios destacados ante os tribunais europeos. A mediación de xuristas especializados neste eido permitirá achegar os argumentos axeitados e artellar mellor a estratexia de defensa contra unha decisión totalmente desproporcionada, sen consulta previa e carente de informes científicos e socioeconómicos que a avalen.

A acción xurídica de urxencia do Executivo galego acompañando ao sector -que exercerá o bufete J&A Garrigues por importe de algo máis de 90.000 euros- pretende poñer fin a un veto que afecta a arredor de 200 buques galegos de xeito directo ben porque non poden faenar nas zonas vedadas ben polo solapamento de áreas de pesca, é dicir, pola concentración no mesmo espazo das embarcacións que viñan faenando tradicionalmente alí xunto coas expulsadas das zonas restrinxidas.

A aplicación desta medida está a provocar a conversión de embarcacións de palangre de fondo -unha das artes máis selectivas e a máis afectada polo veto- á volanta co obxectivo de eludir a prohibición e poder faenar con relativa normalidade. Esa práctica, xunto a outros factores alleos, motivou que desde a entrada en vigor da prohibición -o pasado 9 de outubro- as capturas e a facturación da frota galega que faena no Gran Sol tivesen un comportamento estable pero cunha distorsión da oferta habitual.

Neste sentido, a longo prazo pode supoñer importantes prexuízos tanto por unha posible insuficiencia das cotas de pesca das principais especies -a volanta é máis intensiva no consumo das posibilidades de captura que o palangre- como por unha probable caída da oferta dun dos produtos máis recoñecidos e valorados das lonxas galegas como é a pescada do pincho.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...