Fixada a nova tempada de pesca de anguía no esteiro do Tambre entre o 1 de maio e o 20 de setembro

10 Xaneiro 2023

FIXA A NOVA TEMPADA DE PESCA DA ANGUÍA NA DESEMBOCADURA DO RÍO TAMBRE ENTRE O 1 DE MAIO E O 30 DE SETEMBRO DE 2023

A Xunta anunciou este 10 de xaneiro que a tempada da pesca da anguía na desembocadura do río Tambre estenderase desde o 1 de maio ata o 30 de setembro deste ano. Así se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e pola que se aproba a renovación do plan de aproveitamento específico da especie para 2023, “mantendo os principais requisitos que rexeron nesta zona durante a tempada anterior”, explícase na resolución, especificándose que o tamaño mínimo das capturas será de 20 centímetros, “coa obriga por parte dos pescadores de devolver ao río os exemplares que non dean a talla, así como as anguías prateadas e outras especies que entren nas nasas”. O total de capturas para a tempada será de 1000 kg, e unha vez alcanzada esta cantidade darase por pechada a campaña.

Ademais, estipúlase que para poder practicar a pesca da anguía na desembocadura do Tambre a única arte permitida será a nasa-voitirón, cun tamaño de malla non inferior a 14 milímetros e un límite de 10 artes por tripulante. Por outra banda, as nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente e o horario autorizado para a actividade estenderase desde as 12,00 horas do luns ata as 12,00 horas do sábado, cun máximo de 8 horas diarias de traballo.

A Xunta lembra que no caso do Tambre, o plan de aproveitamento da especie para 2022 autoriza a faenar no tramo comprendido entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Ponte Nafonso, exceptuando a zona de desembocadura do río Tines.

A partir do 1 de maio, o plan de aproveitamento da anguía autoriza a faenar á Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, que conta con dúas embarcacións autorizadas para exercer a actividade: Benigna, cun máximo de dous tripulantes, e Baña, que poderá levar ata tres. A comercialización das capturas levarase a cabo na lonxa de Noia, estando obrigados os participantes no plan a entregar a totalidade dos exemplares.

Outros artigos

Colisión múltiple en Cee

Un accidente múltiple con seis turismos implicados no concello coruñés de Cee, saldouse esta tarde con unha persoa ferida. O accidente ocorreu minutos antes das 14:30 horas, na DP-2303, no quilómetro aproximado 11, ao seu paso pola parroquia de A Pereiriña. Foi un...

+

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...