Faleceu Magdalena Bringas, durante catro décadas foi presidenta das Amas de Casa de Ribeira e filla doptiva da Cidade

30 Xaneiro 2023
Magdalena Bringas (terceira pola dereita) coas mulleres homenaxeadas en 2016.
Carmen Abuín Vilasoa (Ribeira), Esperanza Regueira (Aguiño), Ángela Divos (Castiñeiras), Carmucha Betanzos (Palmeira), Esther Buceta (Carreira), Esperanza Santos (Oleiros) e Olga Digna Brión (Corrubedo) foron as elixidas por Amas de Casa para render unha homenaxe común aos maiores e ás mulleres traballadoras.

Magdalena Bringas Miralles, que durante case coarenta anos foi a presidenta da asociación de Amas de Casa de Ribeira faleceu a primeira hora desta noite na residencia de maiores de Ribeira, onde estaba ingresada desde facía tempo.

Os seus restos mortais xa foron trasladados desde o devandito centro xeriátrico ribeirense ata o Tanatorio do Barbanza, de Pompas Fúnebres do Noroeste, en Xarás e onde están a ser velados na sala 4.

Magdalena era unha persoa moi querida na comarca pola súa intensa actividade social e reivincativa e foi nnomeada filla doptiva de ribeira xa que nacera en Ceuta e veu á cidade xa moi xoven.

A celebración do funeral e enterro celebrarase este martes 31 de xaneiro a partir das cinco menos cuarto desde o tanatorio de Xarás ata a Igrexia Parroquial de Carreira.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.