En Ribeira xa están operativos os cargadores de dispositivos móbiles do exterior da Casa do Concello

17 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira informou de que xa están instalados e operativos, dende esta semana e a disposición da veciñanza, os cargadores tecnolóxicos municipais do exterior da Casa Consistorial. En concreto, os equipamentos para cargar dispositivos móbiles foron habilitados nos soportais do Concello, na columnata exterior.

Trátase dunha intervención que se enmarca dentro dos traballos dirixidos á renovación e actualización das infraestruturas de telecomunicacións na Casa do Concello como “resposta a un uso cada vez máis intensivo das tecnoloxías TIC polos servizos municipais e por parte da sociedade en xeral”.

A actuación está adscrita na Liña 12 da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020, que está co-financiada nun 80% polos fondos FEDER dentro do Pograma Operativo Plurirrexional de Europa (POPE) 2014-2020.

Os cargadores están situados en tres das columnas, abranguendo en cada unha delas dous de tipo USB e un de carga rápida (quick charge).

A empresa encargada de realizar a colocación é SVI 40 Contratas, Servicios e Ingeniería, S.L.U. Previamente efectuaron os seguintes traballos:

-Adecuación do Centro de Procesamento de Datos (CPD), situado na Casa do Concello, onde se concentran todas as comunicacións, co obxectivo principal de mellorar a robustez, a fiabilidade e a seguridade do mesmo, para conseguir a mellora da calidade dos servizos ofrecidos, a súa xestión, operacións e evolución.

-Reestruturación e renovación do cableado da Casa do Concello, por medio dunha solución de cableado estruturado que parte do CPD e que permite mellorar o ancho de banda e a escalabilidade da rede, así como garantir flexibilidade e facilitar a xestión e o mantemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.