En Ribeira o Concello mellorará a seguridade e a resistencia do acceso ao Periurbano dende a cidade

03 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira vén de adxudicar unha actuación dirixida a mellorar o acceso ao Parque Periurbano de San Roque dende a rúa Barbanza, á altura dos Xulgados. Segundo fontes do Consistorio, a solución prevista consiste en implantar “un pavimento máis resistente có actual”, co obxectivo de minimizar os danos da chuvia e “logrando unha superficie de tránsito máis segura”.

Así, a superficie de saburra actual será substituída por un firme de cemento intercalado con lousas de granito abuxardado. O proxecto entraña a demolición parcial dos chanzos do acceso ao parque, coa finalidade de mellorar a accesibilidade.

A intervención ten un prazo de execución de dous meses e a súa execución recaeu en Obras y Seervicios CPB 2021, SL. Comporta un investimento de 36.709.94 euros, IVE incluído.

Outras melloras

O Concello tamén lembrou outras medidas previstas para o Parque Periurbano, como a creación dunha senda turístico-fluvial que se está acabando de crear dende a cidade á altura de Cubeliños e que descorre pola ribeira do río Pedrín en dirección ao lavadoiro alí situado: actuación financiada con fondos europeos Feder por valor de 94.426 euros.

Ademais, o Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira que se vai executar entre 2023 e 2024 prevé unha partida para poñer en valor o lavadoiro de San Roque.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.