En Noia o Concello inicia os traballos para mellorar a seguridade na rúa da Coruña

11 Xaneiro 2023

O Concello de Noia iniciou esta semana os traballos destinados a mellorar a rúa Coruña, traballos que teñen por finalidade optimizar as condicións de seguridade na vía. A actuación, dotada dun orzamento de 84.527 euros, consistirá na renovación do firme, na reorganización de carrís e das prazas de estacionamento e nunha nova localización para os pasos de peóns, así como no pintado e instalación da sinalización horizontal.

Fontes do Consistorio indicaron que con estes labores búscase “dotar a unha das rúas máis transitadas do casco urbano dunhas mellores condicións de seguridade tanto para o tráfico rodado como para viandantes”. Tamén fixeron saber que “por mor destes traballos, o estacionamento estará prohibido nesta rúa ata o remate dos mesmos, nun período estimado de dúas semanas”.

Esta actuación súmase a outras que se van a levar a cabo nos vindeiros días e outras xa realizadas recentemente, que “supoñen unha mellora substancial das características de distintas vías de acceso a Noia e do seu núcleo urbano”, engadiu o Concello.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, sinalou que “a través desta actuación búscase dar continuidade ao plan de mellora de estradas municipais actuando nunha rúa vertebradora do tráfico entre a estrada comarcal Noia-Santiago e a estrada Noia-Muros que empregan un elevado volume de usuarios e autobuses” e incidiu no compromiso do Goberno local en “promover as maiores condicións de seguridade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...