En Boiro o Parque da Cachada incorpórase á Rede de Parques sen Fume de Galicia

19 Xaneiro 2023


O Concello de Boiro súmase á Rede de Parques sen Fume de Galicia coa incorporación do Parque da Cachada. Este distintivo autonómico complementa o xa existente nas praias do municipio co obxectivo de xerar espazos públicos libres de fume.
Boiro adheriuse no ano 2016 á rede de praias sen fume da Xunta de Galicia que forma parte do Programa Galego de Promoción dunha vida sen tabaco da Dirección Xeral de Saúde e que ten como finalidade a promoción da saúde e proxección do medio ambiente.
A Xunta de Galicia vén de aprobar agora a incorporación do Parque da Cachada a esta rede, sento o primeiro parque libre de fume do municipio. Un espazo natural de 45.000 metros cadrados con parques infantís e outras zonas de xogo e deportivas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.