En Boiro, aprobación inicial do Plan Forestal Municipal para a loita contra os lumes

27 Xaneiro 2023


O Concello de Boiro celebrou este xoves día 26 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro que contou coa totalidade de membros da corporación: 17. A sesión, como de costume, pode visualizarse íntegra na canle de YouTube do Concello de Boiro. No pleno aprobouse inicialmente o Plan Forestal Municipal, un documento elaborado por un equipo técnico que, en palabras do Goberno municipal, “resume e sintetiza os pasos a seguir para a extinción e prevención contra os incendios forestais”. Inclúe, máis polo miúdo, os protocolos de actuación a seguir para a prevención e extinción de lumes e a relación pormenorizada dunha serie de franxas secundarias forestais de 50 metros xo carón de núcleos de poboación, casas illadas ou outras edificacións nas que non se poderá dispoñer de pinos, eucaliptos ou acacias.

Votacións da sesión

1. Aprobación inicial, se procede, do ditame do Plan Forestal Municipal do Concello de Boiro – aprobación con 7 votos a favor (PSOE/ Boiro Novo/ non adscrito) e 10 abstencións (PP/ BNG/ IC Boiro).

2. Aprobación, se procede, do ditame de proxectos e solicitude de subvencións en base á orde do código de procedemento IN519B – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

3. Moción de IC Boiro en relación ca instalación de puntos de recarga nos parkings do Concello de Boiro – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

IC Boiro presentou unha moción de urxencia relativa ao trato recibido polo grupo de mulleres en situación de violencia de xénero pertencentes ao CIM do Concello de Boiro trala rolda de prensa realizada na mañá deste xoves 26 de xaneiro. A moción foi aprobada con 10 votos a favor (PP/ BNG/ IC Boiro) e 7 votos en contra (PSOE/ Boiro Novo/ non adscrito).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.