Emotiva homenaxe a militantes do BNG para conmemorar o seu 40 aniversario

21 Xaneiro 2023

O BNG da Barbanza conmemorou os 40 anos da súa fundación cun emotivo acto no que se presentou un libro coa historia da organización e cunha merecida homenaxe a destacados militantes históricos.

A deputada Rosana Pérez agradeceu o traballo da militancia e das persoas simpatizantes que ao longo de catro décadas deron o mellor de si e atribuíu a todas esas persoas o mérito de ter hoxe un BNG forte, convertido na alternativa de goberno.

Segundo a parlamentaria, tres son as fortalezas do BNG: “a primeira é que fomos capaces de facer política en clave galega e xerar solucións adaptadas á nosa realidade, apostamos por solucións e alternativas propias; a segunda é ter unha organización sólida, asentada en todo o territorio e coas ideas claras como que somos nacionalistas, porque o nacionalismo significa cambiar o mundo empezando pola parte que temos máis cerca. E a terceira, porque o BNG é moito máis que unha organización, é un sentimento de amor e un compromiso vital coa nosa nación”, sintetizou “Quero dicirlle á xente moza que pelexa por un traballo digno, ás persoas maiores que non dan estirado máis a pensión, ás familias que non chegan a fin de mes, aos mariñeiros que loitan por cubrir custos; ás persoas autónomas que fan malabarismos para manter en pé os seus negocios, todos e todas poden contar co BNG para conseguir unha saída xusta e galega desta crise” apuntou.

Pérez Fernández reiterou que o BNG ten “as portas a todas persoas que levan a Galiza na cabeza e no corazón”, deixando claro que “ensanchar, ampliar e incorporar son os verbos que hai que conxugar” para sumar a cada vez máis galegos e galegas cos que poder abrir un tempo novo de futuro e esperanza.

Santos Saborido, militante histórico comentou os inicios da organización e como co paso do tempo foron cambiando as cousas “mais aí está o BNG traballando polo ben da xente” declarou.

O ribeirense Manuel Anxo Fernández Baz, autor do libro, debullou a traxectoria de compromiso co País que se recolle no seu libro “40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022”, na que sintetizou, ano a ano, a historia do Bloque Nacionalista Galego, os principais feitos políticos acontecidos no País e as actuacións chave desenvolvidas polo nacionalismo galego ao longo destas catro últimas décadas.

Finalmente Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre, puxo en valor que a militancia do BNG foi capaz de camiñar a carón da sociedade durante todos estes anos pero tamén foi quen de transformar o país consolidando un proxecto útil para defender os intereses sociais de Galiza en todas as institucións.

O acto finalizou coa entrega duns obsequios a varios militantes como agradecemento a todo o traballo que levan feito ao longo das últimas catro décadas. De Ribeira foron galardoados Xaquín Maño e Áurea Santiago, da Pobra Rosana Pérez, de Boiro Santos Saborido e de Rianxo Nero Abuín e Miguel Ordóñez.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.