“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

10 Xaneiro 2023

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue a mirar cara a outro lado e culpabilizando ás mulleres.

Na maioría das ocasións son as mulleres as protagonistas das súas propias historias de dor, explotación e sufrimento. Culpa das tradicións e costumes dunha cultura machista e patriarcal: únicos valores transmitidos e aprendidos dos que tratan de fuxir pero dos que son claras vítimas.

Foi vítima de violencia de xénero. Hoxe é unha muller comprometida con outros grupos de mulleres aos que axuda para que non caian nese inferno. A familia deixouna de lado por non saber, nin querer, aguantar máis humillacións e violencia. No pobo, demasiadas mulleres, de avanzada idade, déronlle as costas e crena culpable de querer librarse do seu maltratador.

Criouse nunha familia desestruturada, como un membro marxinado e falto de agarimo. Actualmente exerce a prostitución, nas proximidades dun polígono industrial da capital. Estaba cansa de percorrer centros de acollida, albergues e comedores sociais. O seu futuro é o presente e a súa única relixión é a supervivencia, nunha sociedade hipócrita e de falsas aparencias.

Creu chegar ao país das oportunidades pero aterrou como equipaxe dunha rede de trata de persoas e explotación sexual. A base de extorsións, intimidacións e ameaza a familiares, malviviu varios anos exercendo a prostitución, de maneira forzada. A súa vida apenas ten valor, só para os proxenetas e os consumidores do sexo de pago.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.