Domingo con chuvias mai fortes de madrugada. Segue o aviso de alerta laranxa por temporal costeiro

07 Xaneiro 2023

O domingo continuaremos baixo unha profunda borrasca centrada ao norte de Irlanda, que enviará unha nova fronte nas primeiras horas do día.

Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvias máis intensas e persistentes na madrugada e primeiras horas da mañá e que despois terán carácter máis intermitente. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará do oeste, con refachos fortes nas zonas altas e con intervalos fortes no litoral.

Ventos do oeste con intervalos de forza 7 no litoral norte e ondas superiores aos 6 metros en todo o litoral.

meteogalicia

O NOSO MAR: Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá e á tarde e 5 a 6 metros á noite.Visibilidade regular. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Vento do oeste á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:473.5 m
Baixamar11:030.8 m
Preamar17:083.3 m
Baixamar23:020.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:383.5 m
Baixamar10:540.9 m
Preamar17:003.2 m
Baixamar22:551.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:443.5 m
Baixamar11:000.8 m
Preamar17:053.2 m
Baixamar23:000.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.