“Deica logo, Gonzalo Sarasquete” – Toño Nóvoa

03 Xaneiro 2023

Onte
no paredón do peirao
un feixe de xente en pé
como flores dunha lus branda
quedaban
mirando ao lonxe
pola noitiña
onte
disque se viron
Claudio e Ramón e Xoseíño e Rosalía
e outro Ramón (o María) e tamén Castelao
e carneiros e vacas e peixes
e cunchas e aves e mancheas de inomeados seres
no medio dun mundo
de xente
lavada polo fulgor da lúa queda
alí xuntos
sentidos
mirando ao lonxe
cara a onde a ría bica o mare
estiveron
e coidaban
a Gonzalo
irse
tranquilo
coa cabeza do dragón nunha man
e na outra o tempo
aproveitado
ata comerlle o corazón
onte
cabalgaba disque
ao lombo daquela vella balea
que cantáballe
agradecida
unha cantiga cheíña
de amor de vida e milagres
das madeiras dos metais dos cementos e das pedras
que polas mans que fan a maxia viva
falaron verdades e sabedurias
das historias suprimidas
foi no Malecón pola noitiña
onte
e ao vir o día
nosos ollos miran vidrados o sitio
onde aquela lúa parteu o mare
e os corazóns tolleitos quedan
hoxe
na busca de fíos de ouro verde para coser a fenda
baleira
e tan fonda
coma o berro do nordés
que non acouga no inverno
dunha eternidade pronta demais chegada.
.
T.N. 29.12.22

O autor da homenaxe (Toño Nóvoa), Quico Cadaval e Gonzalo Sarasquete

Gonzalo, asinando os libros dunha das súas exposicións en Ribeira

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.