CONGALSA adhírese á Alianza Galega polo Clima

23 Xaneiro 2023

CONGALSA, empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal (A Coruña), vén de facer pública a súa vontade de adherirse á Alianza Galega polo Clima, iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que ten o obxectivo de “perfilar ferramentas para comprender as causas, efectos e magnitude do cambio climático” e “propoñer solucións a esta problemática desde a Comunidade buscando sinerxías entre o sector público e o privado”.

“Con esta adhesión”, explicaron fontes de CONGALSA, “integrámonos nun grupo do que xa forman parte outras entidades, compañías, universidades ou colexios profesionais, entre outros axentes, que mostraron xa o seu compromiso por avanzar na mellora do medio ambiente e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Susntetábel e a Axenda 2030”.

A empresa da Pobra, referente galego e estatal no sector da alimentación vencellado aos produtos do mar (e tamén en materia de transformación tecnolóxica e responsabilidade social corporativa), lembrou no seu comunicado que esta aposta integral polo medio ambiente e a sustentabilidade non “é unha premisa nova para nós”. De feito, a compaña leva anos prestando especial atención a esta cuestión desde un triplo punto de vista: económico, social e ambiental. A empresa, por exemplo, significouse por promover o desenvolvemento de políticas e programas que permitisen o control dos recursos pesqueiros con responsabilidade. A nivel interno, ademais, CONGALSA apostou polo emprego de materiais que lle posibilitasen beneficiarse do impacto das enerxías renovábeis e, entre outras medidas, impulsou a instalación de placas fotovoltaicas en todas as súas dependencias.

Desde CONGALSA deseñáronse tamén estratexias para optimizar o consumo de auga que a empresa realiza ou, a maiores, por establecer un control rigoroso das súas emisións. Ademais, a compañía ten en marcha programas concretos que lle fan posíbel controlar os seus consumos de electricidade ou gasóleo, xeración de residuos ou consumo enerxético en compresores, entre outras cuestións.

“A nosa estratexia neste ámbito está a dar importantes resultados”, destacaron dende a compañía, poñendo o foco sobre datos concretos relevantes, como por exemplo que a xeración de residuos reduciuse nun 26% nos dous últimos anos ou que, a través da súa aposta pola enerxía fotovoltaica, foi quen de xerar case 345 Tn menos de CO2 no último ano, o que equivale practicamente a plantar máis de 34.000 árbores.

Para a o director de Recursos Humanos e coordinador de sustentabilidade de CONGALSA, Juan Carlos Rama, “adherirse á Alianza Galega polo Clima é un paso adicional e lóxico dentro da política de sustentabilidade da empresa”. Ademais, valorou especialmente que esta iniciativa impulsada polo Goberno galego recibise o recoñecemento como unha das mellores accións de sustentabilidade do ano pasado na xornada Sustainability Day 22. “Alegrámonos de sumarnos ao grupo de máis de 30 entidades da comunidade autónoma que xa se adheriron á iniciativa”, engadiu Rama.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...