Boiro estrea o primeiro Claudio Express de GADISA en 2023

25 Xaneiro 2023

GADISA Retail abre en Boiro o seu primeiro punto de venda franquiado Claudio Express neste 2023. Segundo informaron fontes da compañía alimentaria galega, este establecemento responde a “un concepto de tenda rápido, cómodo e económico”. Está situado na Estación de Servizo Garlou, ao borde da estrada comarcal 305, no lugar de Cimadevila nº 14.

Con 120 m2 de superficie, o Claudio Express dispón dunha variedade de produtos seleccionada para satisfacer as necesidades básicas de alimentación, droguería e hixiene. A área complétase cos servizos de cafetería, gasolineira, taller, boxes e túnel de lavado, ademais de butano e compra e venda de vehículos.

Ademais, o complexo xerou un total de 21 postos de traballo, contando cun amplo horario de apertura de 7 a 23 horas, “para maior comodidade dos clientes”.

No acto de apertura participou Margarita Loureda, copropietaria de Garlou, acompañada polo seu pai, Pepe Loureda, un dos fundadores do grupo. Tamén asistiu a encargada do establecemento, Romina Báez, e parte do equipo.

Por parte de GADISA Retail, acudiron o delegado de área de Pontevedra, Pablo Louro, o director de vendas da franquía, Miguel Freire, e José Antonio Hermida e Sergio Trujillo, coordinador e responsábel de montaxes de franquía, respectivamente.

GADISA Retail: unha folla de ruta de crecemento continuo
“Xerar riqueza socioeconómica na súa contorna” é un dos compromisos de GADISA Retail coa expansión do modelo de negocio franquiado, que alcanza unha rede comercial de 231 establecementos (123 Claudio e 108 Claudio Express), situados en Galicia, Madrid, Castela e León e Asturias. Proporciona emprego a máis de 950 persoas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.