Esta pasada fin de semana tiveron lugar no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira concertos da Aula Galega de Saxofón. O profesorado Hilomi Sakaguchi (piano) e Xavier Larsson puxeron broche final a cada unhas das audicións interpretando o concerto para saxofón de Alexandr Glazounov. A aula retomará os encontros en febreiro co profesor titular Xabier Casal.
Por outro lado, o vindeiro mércores 18 a partir das 19:30 terá lugar un recital de piano a cargo de Michelle Pena González. Esta ex alumna do centro está a punto de rematar os seus estudos superiores no
Conservatorio Superior de Música de Galicia e o programa que interpretará en Ribeira será moi similar ao que formará parte do seu Recital Fin de Carreira.
