Ambar comeza a súa formación en operacións auxiliares das industrias alimentarias

17 Xaneiro 2023

Este luns 16 de xaneiro ás 9:45h deu comezo no centro de recursos da Asociación Ambar (Frións, Ribeira) a formación Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria. Trátase dunha iniciativa profesional e laboral destinada a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos, busca mellorar a súa empregabilidade e ten como obxectivos promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. Ademais de reforzar as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e promoción.

Na presentación da formación interviñeron Raquel Riveiro, orientadora laboral da Asociación Ambar, Jaime Capilla, coordinador do proxecto; Helena Teira, coordinadora xeral da Asociación Ambar e Irene Paz, docente da formación.

A formación, totalmente gratuíta, busca promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. Contará cunha fase teórica e outra práctica nun posto de traballo en empresa. Ademais, conta cunha bolsa de asistencia para todas as persoas participantes e servizo de transporte dispoñíbel.

Esta iniciativa de emprego é posíbel grazas ao financiamento da Fundación ONCE concedido na
convocatoria de axudas económicas Uno a Uno e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo, O FSE inviste no teu futuro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...