Alumnado do curso de lingua e cultura galegas, enmarcado no programa de dinamización das persoas maiores, visitaron esta mañá a exposición “Solpor na ría”, de María José González Area.
A mostra, que se exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas, recolle distintas pinturas cheas de luz, cor e tons dourados, que evocan paisaxes naturais moi vencellados á nosa terra e nas que se utiliza a técnica do Stofado, unha técnica da imaxinería en madeira policromada que ten as súas orixes na arte gótica e que ten como material principal o pan de ouro. Pode visitarse ata o 28 de xaneiro.




