Adxudicada a pavimentación e mellora da accesibilidade na rúa Monumento en Ribeira

20 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira adxudicou as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade na rúa Monumento en Ribeira. A intervención recaeu na empresa Nemesio Ordóñez e comporta un investimento de 43.971 euros.
De acordo co proxecto técnico elaborado polos servizos municipais, os obxectivos principais residen en mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nunha rúa que ten un pavimento bastante deteriorado
e unhas beirarrúas cuxos bordillos non están rebaixados nalgúns pasos de peóns, o que dificulta o tránsito peonil, especialmente por parte das persoas con mobilidade reducida.
Para mellorar este estado vaise estender unha nova capa de mestura bituminosa en quente previo fresado do firme actual, en tanto que as beirarrúas serán demolidas en todas as zonas onde será preciso
rebaixalas de xeito que cumpra cos requisitos de accesibilidade esixidos na normativa vixente.
O prazo de execución é dun mes e medio. O investimento está incluído no POS+ 2022 da Deputación.

Rúa Monumento Ribeira. Foto C.R.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...