A Xunta pide responsabilidade o sector bateeiro no inicio da campaña da mexilla para garantir unha explotación óptima do recurso

05 Xaneiro 2023

A Consellería do Mar emitiu hoxe un informe sobre as condicións meteorolóxicas e marítimas que se van dar no inicio da campaña de extracción de semente de mexillón en bancos naturais -que se abre o vindeiro luns nas provincias da Coruña e Pontevedra- e confiou na responsabilidade dos profesionais do sector para realizar unha explotación sustentable e un aproveitamento óptimo do recurso.
O documento remitido ás organizacións de produtores de mexillón da comunidade lembra que as abundantes choivas rexistradas nas últimas semanas -que se prevén tamén para o inicio da campaña- provocaron un descenso da salinidade da auga, o que debilita a mexilla e pode dificultar a súa fixación nas cordas das bateas.
Ante esta situación, e tendo en conta a persistencia desas condicións adversas nos vindeiros días, o Executivo galego confía en que os profesionais do sector actúen con responsabilidade na explotación deste recurso tendo en conta que un uso eficiente da semente de mexillón irá en beneficio do conxunto do sector bateeiro.
A campaña de extracción da mexilla estenderase desde o próximo luns 9 de xaneiro ata o 15 de xuño tal e como establecen as resolucións emitidas o pasado 30 de novembro polas xefaturas territoriais da Consellería do Mar da Coruña e de Vigo co obxectivo de retrasar o seu inicio e preservar o estado biolóxico do recurso. Deste xeito, o retraso no inicio da campaña -a orde de 26 de outubro do 2000 pola que se regula esta actividade establécea do 1 de decembro ao 30 de abril- compénsase alongando o prazo de recollida nun período equivalente.
A Consellería do Mar tamén segue a traballar cos técnicos e cos sectores implicados co obxectivo de realizar o antes posible as modificacións pertinentes para abrir novas zonas á extracción deste recurso. Esas novas aperturas decretaranse previa análise científica e tendo en conta os informes técnicos dispoñibles así como ponderando aspectos como o estado biolóxico da mexilla ou os impactos sociais e económicos. A finalidade última é garantir a explotación sustentable de todos os recursos existentes no litoral de Galicia.

Outros artigos

En servizo o novo edificio de departamentos do porto de Rianxo

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ven de investir preto de 2 millóns de euros na construción do novo edificio dedepartamentos para usuarios no peirao de Rianxo. Así o comunicou esta mañá o titular do departamento autonómico, Alfonso Villares, nunha...

+

Manuel Ruiz será o portavoz da comisión de pesca do PP no Senado

A Cámara Alta contará por primeira vez na súa historia cunha área dedicada ao sector Esta comisión terá como obxectivo principal impulsar políticas e medidas que promovan o desenvolvemento sostible da actividade pesqueira, así como garantir a conservación dos recursos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...