“A veira branca, a veira negra, meu capitán”. Antón Luaces

05 Xaneiro 2023

“Di, soldado, de onde eres ti”, pregunta Iva Zanicchi na fermosísima canción “A beira branca, a beira negra”, na que se resposta a sí mesma: “Do pais veciño que hai máis ao sul”, para engadir: “E sobre a ponte vexo unha bandeira, máis non é a mesma que está no meu corazón”.  Hai un chamado “Alerta, cúbrase, o terraplén. Alerta estou, máis cúbrete tí tamén”. “Triste é o destino, meu capitán: mentras haxa guerras non mudará”.

Coñezo esta gravación desde que se deu a coñecer en Italia e, posteriormente, na súa versión española. E sempre me fixo sentir arelas de liberdade dado que para nada concordo coas guerras e aqueles que as promoven desde un seguro despacho.

Unha e outra vez escoito a canción que ecoa na miña cabeza, esta co pensamento posto nun home, meu pai, ao que levaron forzadamente á guerra con 17 anos.

El tamén era do país en guerra, da zona noroeste (Galicia) e veu bandeiras distintas, como o personaxe de Iva Zanicchi: a da II República e a que pasou a ter unha águia. O seu foi asimesmo un destino triste: con 19 anos foi parar a un campo de concentración en Francia. “Alerta, cúbrase. Alerta estou, máis cúbrete tí tamén”·

Campos de tortura en Járkov, elévanse a 89 as mortes de militares rusos en Donetsk, achado de campos de tortura en Járkov… “do país veciño que hai máis ao sul”. Dúas bandeiras. Un só pobo?. “Triste é o destino, meu capitán. Mentres haxa guerras non mudará”. Ecoa unha outra vez máis, nunha guerra distinta polas bandeiras, igual polo resultado. De onde és ti, soldado?. Son da miña casa, da miña familia, do meu pobo sen beiras brancas ou negras. E ven un outro ano, e veu Papa Noel e Santa Claus chegou, e veñen este xoves os Reis Magos. Na beira branca hai, ao igual que na beira negra, mortos; alerta, meu capitán. Non hai agasallos para ninguén. Os galanos mudaron a galóns; as estrelas, a mísiles. O canto ucraíno e o ruso, convertidos en cantos tristes, fúnebres, en facianas de ollos quedos e esbozo de sorriso.

     En 45 días cumprirase un ano do inicio desa inhumana acción que denominan “guerra rusa” para non inculpar a Putin na mesma e abeirar desta ao presidente ucraíno Volodimir Zelenski. Kiev e Moscova. Homes e mulleres, uns e outros. As beiras branca e negra, De onde és ti, soldado?. Da beira branca, da beira negra.

Iva Zanicchi. Disque hai Reis Magos que non petan na porta para entrar nas casas. En Ucraína veñen polo aire. E estouran. E matan. E mutilan.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.