A terceira edición de Raña e gaña xerou na Pobra un movemento de máis de 650.000 euros

12 Xaneiro 2023

Co obxectivo de impulsar e dinamizar a actividade económica do municipio na época do Nadal e xerar ilusión, o Concello da Pobra do Caramiñal, a plataforma DEAN.shop eCommerce e a Asociación de Empresarios puxeron en marcha a campaña Raña e gaña, coa colaboración de tecido empresarial: CONGALSA, JEALSA, Grupo Roig e Conservas Ramón Franco. Este 12 de xaneiro as ditas entidades achegaron un balance da actividade da campaña, e as cifras foron moi positivas.

Presentación da campaña o pasado mes de decembro

Esta terceira edición xerou un movemento de 656.100 euros segundo apunta a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). O dito proxecto de dinamización desenvolveuse do 3 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos incluídos; período no que se distribuíron máis de 65.000 tarxetas en 55 establecementos comerciais e de servizos da localidade. Isto supuxo o repartimento de máis de 600 agasallos por un importe aproximado de 15.000 euros.

Un dos presentes máis ansiados era a viaxe familiar a Eurodisney que apareceu nun rasca xa no final da campaña. Novamente, a persoa agraciada resultou ser unha veciña da Pobra: María Dolores Rosende Piñeiro, tras realizar a súa compra en Sport Maniotas. Procederase coa entrega oficial do premio en próximas datas.

Segundo fixo saber o Concello, participaron negocios de “distinta natureza”, que son o reflexo da listaxe heteroxénea de obsequios, que aínda se poden recoller ata o día 28 de febreiro. No caso das contribucións do comercio especifícase a tenda á cal acudir, mentres que no relativo aos artigos procedentes das empresas colaboradoras, resulta preciso achegarse ata a oficina do turismo -situada na Casa Mariñeira-, onde o persoal municipal se encargará da xestión ao permaneceren os produtos alí expostos. A atención ao público é de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...