“A frota pesqueira galega vai polo mar abaixo e sen marcha atrás”. Antón Luaces

13 Xaneiro 2023

O cerco, o arrastre de fondo de litoral, artes menores, etc., están a dar as boqueadas propias de quen ten  un  pé aquí e outro acolá.

No caladoiro Cantábrico-Noroeste sobra a metade de toda a frota pesqueira debido ás reducións de cotas que leva a cabo a Comisión de Pesca da UE. Son as súas medidas destemidas e incomprensibles por incoherentes. A última, a pretensión de que a frota do Gran Sol non supere a tonelada de xurelo por barco e marea.

Ao mellor tamén queren que se fagan mareas deste calibre exclusivamente con barcos de vela. Polo menos, pensarán, afórrase combustible e o vento non ten prezo (polo de agora) no mar.

A frota española só poderá capturar 3.271 toneladas de xurelo ao longo de todo ano 2023, cantidade ridícula para unha frota que podería pescar nunha xornada o total da cota outorgada a un Estado membro como  é España.

Ridículo. Absurdo- Pero foi aceptado.

Non hai xurelo ou simplemente non se permite a súa captura?.

Francia, Holanda, Irlanda… xa deron un paso avante: reducen a súa frota para que os barcos que queden en activo poidan sobrevivir. En España (particularmente en Galicia) a inmensa maioría dos armadores da frota de baixura levan tempo reclamando unha medida semellante: o despece dos barcos porque non hai cota de pesca dabondo para que todos sobrevivan. Pero o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación negou tal posibilidade porque entendía -xa non entende o mesmo- que sería unha medida inaxeitada debido a que ía haber xurelo para todos. Na actualidade semella que hai un cambio parcial de criterio debido á evidencia de que, efectivamente, o xurelo a repartir non permite o máis mínimo optimismo. Son cotas ridículas, a xuizo dos armadores galegos, e o futuro inmediato non permite outra saída distinta á do despezamento de barcos, de tal xeito que os que queden en actividade teñan  aseguradas cotas de pesca que permitan planificar presente e futuro e que os que traballan nos barcos vexan garantido o pan de cada día.

Algo semellante está a pasar coa cigala , que leva seis anos en veda e que a CE pretende manter na mesma situación tres anos máis. Saberá a Comisión que a cigala non vive nove anos, saberá que a cigala morre após o desove?. Que sabe a Comisión realmente das posibilidades que deixa capturar cigala e das consecuencias para a pesqueira dunha tan disparatada -por extensa- veda?. Hai cigala, moita cigala. E a que se captura incidentalmente evidencia a súa boa saúde como especie. Esta está garantida.

No mar, os mariñeiros están convencidos da existencia dun plan deseñado exclusivamente para reducir polas boas ou polas malas as frotas pesqueiras; pero en Europa néganse a subvencionar o seu despece. Así o demostran as decisións adoptadas xa en distintos países  comunitarios de asumir o despezamento de barcos con cargo ao seu orzamento. Porque a UE, como ente, non ten frota. Esta corresponde exclusivamente aos Estados membros. Un destes, España, que ao parecer tamén podería adoptar decisións semellantes ás de Francia, Holanda e Irlanda: menos cotas, redución de frota. Pero esto conleva redución de postos de traballo e a míngua do Produto Interior Bruto (PIB). Está España en situación de sopórtalo?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.