“A escasa supervisión das condicións laborais facilita o traballo forzoso nos pesqueiros”. Antón Luaces

17 Xaneiro 2023

A Organización Internacional do Traballo (OIT) semella ter descubierto agora algo que, desde vai moitos anos, veñen denunciando distintas organizacións profesionais, entre estas AETINAPE: hai pescadores “atrapados” en traballos forzosos a bordo de buques pesqueiros. Os cálculos da OIT fixan en 128.000 os traballadores do sector pesqueiro de todo o mundo os que realizan na súa maioría horas extraordinarias excesivas e amáis reciben un salario moi baixo ou ningún en absoluto.

Moitas das infracións laboráis a bordo dos pesqueiros son produto da feble supervisión das condicións laboráis. A  OIT coida que a ratificación do Convenio nº. 188 desta organización axudaría a previr moitas das infracións laboráis que se rexistran nos barcos de pesca de, por exemplo, a rexión Fisheries Conmittee for the West Central Gulf of Guinea (FCWC/CPCO).

Por este motivo a OIT instou aos Estados Membros do Comité de Pesca do Golfo de Guinea Centro-occidental a que ratifiquen o devandito Convenio 188 da OIT para contribuir a promover o traballo decente no sector pesqueiro da mencionada rexión africana e previr o traballo forzoso na zona.

Expertos e socios para o desenvolvemento da FCWC participantes na 14ª sesión da conferencia de ministros de pesca -celebrada en Accra o pasado día 12- trataron das infracións laboráis nos buques pesqueiros para concluir que moitas delas se deben á escasa supervisión das condicións laboráis.

Na opinión de Alix Nasri, coordinadora mundial do laboratorio Acelerador 8.7 da OIT, moitas das infracións laboráis neses buques débense ás devanditas malas condicións, e expresou a súa preocupación polo feito de que estas , especialmente as que afectan aos pesc adores a bordo, estean a aumentar e resulte necesario poñerlles freo.

O FCWC creóuse en 2007 para promover e facilitar a cooperación en materia de xestión pesqueira entre os seus países membros: Ghana, Togo, Nixeria, Liberia, Benín e Costa de Marfil, países que comparten varias poboacións de peixes e que identificaron a necesidade de cooperar e compartir a xestión destes recursos.

Concluíuse asimesmo que moitas desas infracións poderían evitarse de se poñer fin á pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (INDNR), porque moitas desas infracións se producen sobre todo en pesqueiros que practican a devandita pesca ilegal.

Chama a atención que, xa de cheo en 2023, unha organización como a OIT critique as consecuencias da pesca ilegal e que centre as mesmas en Guinea, sen facer mención ao que acontece en países asiáticos e de centro e sur de América onde se teñen denunciado por activa e por pasiva a utilización de rapaces -cuxas idades nen sequera chegaban aos 14 anos- durante horas interminábeis e con salários miserentos. O mesmo se pode dicir do vivido por mariñeiros galegos -sábeno ben os das comarcas do Barbanza e O Morrazo, por propia experiencia- enrolados en buques de pouco doada catalogación cuxo pavillón nen siquera resulta identificable a efectos legais.

Tarde piache.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.