A Deputación e o Concello de Dodro destinan 129.639 euros para impulsar a mobilidade sustentábel no viario das Brañas de Laíño

26 Xaneiro 2023

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Dodro, Xavier Castro, asinaron este martes 24 de xaneiro un convenio de colaboración para co-financiar as obras de acondicionamento do viario das Brañas de Laíño (Rede Natura 2000). O obxectivo, sinalaron, é fomentar a mobilidade sostible. Na sinatura do acordo estivo tamén o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira.

O orzamento total da execución ascende a 129.639 euros, dos que a entidade provincial achega o 80 % da devandita cifra, que supón 103.711 euros, e a administración local a cantidade restante, que son 25.928 euros.

Segundo explicou o alcalde, Xabier Castro Tourís, “a vía conta con preto de 7 quilómetros de lonxitude e atravesa o municipio desde a Veiga de Lestrove, no límite con Padrón, ata Bexo, preto de Rianxo, discorrendo en boa parte pola contorna natural das Brañas de Laíño”. Trátase dunha vía que “xa é moi usada polos ciclistas actualmente”. Castro agradeceu o apoio da Deputación “para facer realidade un proxecto moi bonito co que pretendemos impulsar a mobilidade a pé e en bici en condicións de seguridade e accesibilidade”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Valentín González Formoso, enmarcou este proxecto “na aposta por un novo modelo de mobilidade sustentábel que estamos a realizar desde a Deputación, e que inclúe grandes obras como a Vía Verde Santiago-Cerceda ou a Senda ZEC da contorna do encoro de Cecebre, pero tamén proxectos coma este, que pretenden fomentar a mobilidade a pé ou en bici entre núcleos rurais de concellos coma Dodro”.

As obras contemplan a delimitación das marxes da vía con zonas de protección e prioridade para o tráfico ciclista, que tamén serán empregadas polos peóns, mellorando a seguridade e a funcionalidade para todos os usuarios e usuarias. Realizarase, do mesmo xeito, unha sinalización completa horizontal e vertical, ademais da execución de 21 redutores físicos de velocidade para os automóbiles tipo “lombo de asno”, como medida para regular o tráfico.

Do mesmo xeito, preverase a reparación do firme existente mediante a colocación de grava e tratamento asfáltico semiprofundo, así como o selado de toda a superficie en dous tramos acoutados do viario. Estas actuacións completaranse coa canalización soterrada de 400 metros para colocar a iluminación pública, que inclúe 19 luminarias sobre báculos de 5 metros de altura, e a instalación de 5 bancos de madeira técnica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...