A cuarta Milla Solidaria Heroínas de Sálvora chegará ao porto de Aguiño o próximo domingon 15 de xaneiro e nesta ocasión a súa recadación estará destinada á organización Cáritas.
O evento foi presentada esta mañá polos concelleiros Javier Sampedro e Juana Brión, o cura párroco de Santa Uxía Alfonso Mera, e máis Abraham Benítez.
Haberá nove categorías. Así, a primeira carreira terá lugar ás 11.30 horas con rapaces de 3 a 5 anos, continuando co resto de modalidades. Os corredores da modalidade absoluta percorrerán
unha distancia de 1.609 metros.
Levarán trofeos os tres primeiros de cada categoría, tanto masculina como feminina, salvo nos pequenos, que levarán todos medalla. A cita rematará cun pincho en torno á unha da tarde.
Inscricións
As inscricións pode formalizarse ata o xoves 12 de nero na páxina de cronotec.es. Toda a recadación irá a Cáritas e haberá ademais unha hucha solidaria no lugar da proba.
Os comparecentes na presentación pediron á xente que se animen a participar nesta cita deportiva de carácter benéfico.
