A Biblioteca de Boiro acolle este sábado un obradoiro para traballar as emocións dos cativos a través dos contos

24 Xaneiro 2023

A Biblioteca Municipal de Boiro vai dar acollida esta semana a unha actividade creativa de narracións orais e xogos para os máis cativos. Trátase do obradoiro infantil Contos para as emocións. Será este sábado 28 de xaneiro a partir das 12.00 horas (até as 13.00 horas aproximadamente). Segundo informan dende a Biblioteca, trátase dun taller para convidar á rapazada a traballar as emocións a través de varias historias narradas (El pez arcoiris ou O soño de Matías), destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 6 anos. As prazas serán limitadas. As inscricións deberán facerse a través da Biblioteca ou ben mediante o teléfono 981 84 84 10.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.