A Asociación de Empresarios de Ribeira realiza este mércores o sorteo da súa Campaña de Nadal, que reparte 5.000 euros en premios

10 Xaneiro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai realizar este mércores 11 de xaneiro o sorteo da súa Campaña de Nadal. Celebrarase no local da patronal ribeirense na rúa Rosalía de Castro, a partir das 11.00 horas e contará coa presenza da notaria de Ribeira, Covadonga Vázquez López, do presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e de Ramón Doval, concelleiro de Comercio.

A edición 2022-2023 da Campaña de Nadal dos empresarios de Ribeira desenvolveuse baixo o epígrafe Este Nadal, merca en Ribeira, merca connosco e co obxectivo de repartir 5.000 euros en vales de compra destinados a recompensar a fidelidade da cidadanía polo seu comercio. A campaña incluíu tamén, por por parte dos establecementos participantes, agasallos en forma de tíckets de estacionamento para que lles resultse máis doado mercar e consumir nos locais adheridos á iniciativa. Puxéronse en circulación máis de 10.000 tíckets de parking gratuítos.

A campaña activouse coa participación de 80 comercios e empresas en xeral. Á iniciativa adheríronse firmas de múltiples sectores: moda, deportes, complementos, zapaterías, salóns de peiteado, decoración, seguros, talleres e venta de vehículos, ferreterías, restauración ou hostalería, entre outros.

Os premios que se sortearán son os que a continuación se detallan e que responden á seguinte orde (en total son 5.000€ en vales de compra repartidos en 51 premios da seguinte forma): Primeiro, tres vales de compra por importe de 300 euros; Segundo, seis vales de compra por importe de 250 euros; Terceiro, dez vales de compra por importe de 100 euros; e Cuarto, trinta e dous vales de compra por importe de 50 euros.

Presentación da campaña, nos días previos ao Nadal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.