2,7 M€ na mellora do firme da estrada AC-550 entre Noia, Porto do Son e Ribeira, que está executada ao 90%

09 Xaneiro 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe o investimento de 2,7 M€ na mellora do firme da estrada AC-550 entre Noia, Porto do Son e Ribeira, que está executada ao 90%. 

Vázquez Mourelle supervisou hoxe estas actuacións que a Xunta está a acometer nesta estrada, nun treito de 38 km de lonxitude, a meirande parte no concello de Porto do Son, que concentra 25 km da intervención.  

Os traballos iniciáronse en setembro, cun prazo de 6 meses, polo que xa se están a ultimar para ofrecer a veciños e usuarios desprazamentos máis cómodos e seguros. Segundo avanzou a conselleira, se as condicións meteorolóxicas o permiten, as obras rematarán nunhas semanas. 

Ethel Vázquez puxo en valor a importancia desta intervención de mellora do firme para a seguridade e a comodidade dos condutores. A ese respecto, apuntou que esta é unha estrada moi transitada, cunha intensidade media de tráfico de entre 5.000 e 9.000 vehículos/día, máis aínda no verán, e que o firme presentaba deterioracións que facían necesaria eta actuación para garantir a circulación nas condicións axeitadas. 

A conselleira  detallou que a Xunta realizou primeiro unha completa avaliación da situación da estrada, avanzando a continuación, e sen demora, nos trámites administrativos necesarios para poder levar a cabo a súa rehabilitación.  

Ademais destes traballos de mellora do firme, tamén se aproveita para levar a cabo outras dúas intervencións que redundarán no reforzo da seguridade viaria. 

Así, por unha parte, no miradoiro de Fonforrón preveuse a habilitación dun cambio de sentido que require ensanchar a estrada; e, por outra parte, tamén en Porto do Son, uns quilómetros despois, un carril central de espera para garantir xiros máis seguros cara á esquerda. 

A intervención complétase con traballos de drenaxe, limpeza de cunetas, sinalización e defensas. 

Vázquez Mourelle salientou o esforzo da Xunta pola mellora da rede viaria autonómica na contorna, con actuacións como como as rotondas de Portosín e de Xuño xa executadas, ou agora coa rehabilitación da Ponte Ceilán, que está en execución, e o proxecto da variante de Ribeira que proximamente comezará a materializarse. 

A conselleira lembrou que cada euro non investido a tempo na conservación dunha estrada implica a necesidade de, a medio prazo, ter que investir o dobre para manter a calidade das vías. 

Precisou que todo gasto na mellora do firme e na conservación á larga tradúcese en aforro para as administracións e para o conxunto dos cidadáns, ademais de previr problemas. 

Subliñou que a Xunta destina nos Orzamentos de 2023 case 50 M€ á conservación e mellora das estradas autonómicas, mantendo o Plan de reforzo de firmes que, con máis de 17 M€ permitirá seguir mellorando as vías para mantelas en condicións de seguridade.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...