Xornada de fortes ventos en Galicia con refachos de máis de 115 qm/h

18 Decembro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidenta segunda da Xunta activou para este domingo unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Os ventos foron especialmente intensos na costa. O refacho máximo na mañá do domingo rexistrouse en Vimianzo con máis de 115 quilómetros por hora.

Rexistraronse ondas de entre 5 a 6 metros de altura na Costa da Morte e nas Rías Baixas.

A profunda borrasca vén con humidade, que obtivo nos trópicos. Hai avisos por chuvia no oeste da Coruña e no suroeste de Ourense por acumulación de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, entre as seis da mañá e as 18 horas do luns.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa e recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar, así como revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Aconsella consultar as páxinas web da Central Integrada de Atención ás Emerxencias-112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Luns con sol e baixa das temperaturas máximas

Seguimos baixo a influencia anticiclónica pero con ventos de compoñente norte que afastarán as masas de aire cálido da semana anterior. Deste xeito agardamos néboas en comarcas do interior que se irán disipando deixando ceos moi abertos canto máis o sur de Galicia e...

+

Domingo con sol e lixeira baixa das temperaturas

Durante o domingo aumenta da inestabilidade atmosférica coa entrada de aire frío en altura. Espéranse néboas matinais no interior. Sen cambios nas condicións do tempo en xeral con sol e as temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente...

+

Segue o sol con lixeira baixa das temperaturas na costa

Na xornada do sábado Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, teremos néboas matinais en zonas do interior, que darán paso a ceos despexados ou con nubes altas que non impedirán o paso do sol. Brétemas costeiras. As temperaturas...

+

Venres seguimos son sol e temperaturas altas

Unha xornada máis Galicia continuará baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, teremos néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados ou con nubes altas que non impedirán o paso do sol. Nas últimas horas do día posibilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...