“Unha moción de censura para levantar a moral”. Antón Luaces

11 Decembro 2022

Santiago Abascal, líder de VOX, baralla desde hai días a posibilidade de participar na presentación  no Parlamento Nacional dunha moción de censura ao presidente electo do Goberno, o socialista Pedro Sánchez. Para aqueles que poderían estar máis involucrados nesta lexítima decisión parlamentaria (caso do Partido Popular) o paso que VOX valora dar sería un canto ao sol: non lles dan os números e, para non gañar esa moción, os “populares” optan por se manter nos seus cuarteis de inverno á espera dunha mellor ocasión. É dicir: non desbotan a necesidade da moción de censura que apoiarían sen dúbida, pero sí a oportunidade;  agora non,  porque non dan sumados os apoios necesarios para “tombar” a Sánchez, cuestión esta que pon riba da mesa o recoñecemento explícito da legalidade de Pedro Sánchez como presidente do Goberno español. Outra cousa é que non lles guste, cuestión tamén esta absolutamente legal e intransferible.

Como a moción quedaba no aire, xurde o salvador desta e, ao mesmo tempo, muñidor de tantas manobras “cinematográfico-teatrais”. Nada máis e nada menos co exdeputado Toni Cantó, quen se ten manifestado abertamente convencido de que a súa militancia política, perfectamente recoñecida, vai levalo algún día a un ministerio ou, no seu defecto, a presidir unha comunidade autónoma. Non, de momento non pensa nin na xefatura do Goberno nin, moito menos, na do Estado.

Sen moito tempo para quecer o escano parlamentario, o señor Cantó da agora un paso avante e, da man do señor Abascal, aporta solucións para que a moción se faga realidade: que tal moción sexa asinada por unha personalidade sen militancia política. E da nomes: os da exsocialista e fundadora e expresidenta de UPyD, Rosa Díez, e o expresidente da Comunidade de Madrid, Joaquín Leguina, recentemente expulsado do PSOE. Seguro que con esta proposta váille cantar o galo  a Toni Cantó que, de triunfar a mesma, podería apañar un novo “chiringuito” para substituir á fracasada  Oficina do Español da Comunidade de Madrid, á que deixou para se achegar a VOX co obxectivo de que esta formación política o aproxime á alcaldía de Valencia, cidade na que reside actualmente.     

Está claro que Toni Cantó non da puntada sen  fío e que sempre ten un rompido para un descosido.

Que terá a política -disque é a erótica do poder- para que sempre abrollen especímenes que se benefician do que outros rexeitan ou non chegan a ter?.

Toni Cantó, que non é un actor dos máis malos, sempre ten a man un apaño, unha enxaugadura, e carece -ao parecer- de sentido do ridículo. Probablemente porque o diñeiro que pode gañar en política ven ser bastante máis co que percibe na súa actividade artística, sempre con altos e baixos e  a  incerteza das pagas mensuais.

Para min que o sentido do ridículo non aniña na árbore de Cantó. Pode que sí na televisión, agora en 7NN, afín a VOX,  na que podería atopar un papel ad hoc.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...