Un total de 57 nenos e nenas desfrutaron do Pequetrail de Lousame 2022

05 Decembro 2022

A área de Deportes fixo balance dos importantes fitos acadados na edición 2022 do Pequetrail, este sábado pola tarde, na que participaron 57 nenos e nenas de entre 5 e 17 anos. “Foi un récord de novas e novos deportistas nesta proba que arrincou no 2019 con apenas dez participantes”, sinalaron dende o Consistorio, salientando que “o tempo acompañou cunha tarde soleada que animou á participación da rapazada e dalgún que outro pai/nai, que comprobaron sobre o terreo o complicado que é manter pé cando non se leva o calzado axeitado”. En definitiva, a cuarta edición do Pequetrail contou con máis corredores cás tres edicións anteriores xuntas: 15 no 2021, 30 no 2020 e 10 no 2019.

A proba desenvolveuse na contorna do Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír foron os cadetes e xuvenís, que percorreron uns 7 quilómetros. O grupo máis numeroso, os 28 alevíns e infantís, cubriron unha distancia de 2 quilómetros; mentres que aos benxamíns lles corresponderon 500 metros, e aos máis pequenos, os xabarís, uns 300 metros.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, foi a encargada de entregar as medallas ás e aos deportistas, así como unha cinta deportiva Hanker e un pequeno avituallamento con froita e chocolate para repoñer forzas. Unha tarefa na que estivo acompañada polos técnicos de Cultura, Deportes e Voluntariado de Lousame. Así mesmo, contouse coa importante colaboración do Voluntariado lousamiá, do Club de Atletismo Lousame, da Cruz Vermella de Noia (con 5 voluntarios, un vehículo 4×4 e outro de intervención rápida) e de Protección Civil de Lousame.

Teresa Villaverde agradeceu a colaboración de todas as persoas e entidades que fixeron posíbel este Pequetrail Lousame 2022 e convidou aos presentes a inscribirse no Trail e na Andaina Solidaria, que se celebra o vindeiro domingo 11 de decembro e o sábado 17 de decembro, respectivamente. Unhas inscricións que se poden formalizar na web www.emesports.es.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Noia púxose as botas de montaña en beneficio de Misela

O pasado domingo 3 de decembro celebrouse en Noia a sexta edición da Andaina Solidaria a prol da Asociación Misela, organizada polo Club Trabandainas coa colaboración do Concello, coincidindo coas celebracións do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Dende...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...