“Un IVE ao consumo de peixe inxusto para os consumidores e o sector pesqueiro”. Antón Luaces

29 Decembro 2022

Ou se lle apagou a luz ao Consello de Ministros presidido polo titular do Executivo español, Pedro Sánchez no momento de decidir sobre a aplicación de medidas tendentes a reducir os danos que causa a inflación que azouta ás familias españolas, ou non se explica que entre os produtos alimentarios aos que o Goberno aplicará medidas paliativas que tentan corrixir a devandita inflación non figuren os produtos do mar. Debe ser porque a guerra en Ucraína non afecta aos produtos mariños cuxo consumo tanto recomendan sanitarios e nutricionistas para ben da humanidade e beneficio dun sector que as está a pasar canutas por algo tan simple como é o prezo do combustible dos barcos e os seguros  destes e os seus tripulantes. Está claro que que no equipo do Goberno non hai un só mariñeiro ou armador  e que o salario dos responsables ministeriais e da presidencia do Goberno  da para pagar o peixe que todos eles podan consumir nas súas casas (cando xantan nelas e non en restaurantes).

O sesto paquete de medidas tendentes a paliar os efectos económicos da xa citada inflación alimentaria non contempla a aplicación dun IVE superreducido ao 4% dos produtos do mar que reclaman insistentemente os representantes do sector e os consumidores, malia ser conscientes os gobernantes de que tal redución sería un paso decisivo no obxectivo de incentivar o consumo de peixe e o efecto que este consumo en aumento tería nun sector que esmorece. Ao mesmo tempo, o beneficio de tal redución na tendencia negativa      que experimentan os prezos da cesta da compra.

Que non se recoñeza o beneficio da relación entre o IVE superreducido e o consumo dun produto alimentario de primeira calidade como é o peixe, resulta chamativo e inentendible a todas luces, porque os produtos mariños levan en sí mesmos o marchamo de alimento básico na mesma medida que o teñen recoñecido os que conforman a listaxe dos que sí merecen a atención gobernativa na aplicación do IVE reducido: pan, fariña, leite, queixo, óvos, froita, verdura, hortalizas, legumes, cereais, pastas ou aceite.

A redución deste imposto é temporal pero vai permitir que ata finais do mes de xuño se pague menos por estes alimentos. Mais non o peixe que, probablemente, a xuizo do Consello de Ministros debe ser un artigo de luxo.-

Inexplicable.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...