Sete ofertas para executar a nova vía de conexión da aldea de Fafián de Ribeira, un investimento de 860.000 € para dar comezo á variante

25 Decembro 2022

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras da nova vía de conexión coa aldea de Fafián, que suporán un investimento de máis de 860.000 euros e constitúen o primeiro paso para facer realidade a Variante de Ribeira.

Na primavera de 2024 os veciños disporán dun pequeno treito de 220 metros que forma parte da Variante de Ribeira, unha infraestrutura clave que dotará o núcleo urbano dunha vía que de oeste a sur conecte a autovía do Barbanza e a AC-550 coa estrada da costa.

No que se refire ás características técnicas da nova vía, trátase dunha conexión entre a estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, e a aldea de Fafián.

A nova vía terá 220 metros de lonxitude, comezando na conexión coa estrada da deputación mediante a execución dunha glorieta de 34 metros de diámetro e finalizando en Fafián, cunha intersección en “T”.

Esta vía de novo trazado disporá de 2 carrís de 3,5 metros de ancho e beirarrúas de 2,10 metros. As beirarrúas na marxe da estrada garantirán un itinerario peonil continuo e seguro para o tránsito dos veciños.

Como intervencións complementarias, procederase á reposición do firme dos viarios urbanos afectados; e á reposición dos camiños de servizo, executando dous pequenos treitos para garantir o acceso ás leiras.

Ese pequeno tramo de 220 metros de nova vía permitirá captar un tráfico estimado de case 4.300 vehículos, o 3,4 % de vehículos pesados.

Variante de Ribeira

Esta actuación correspóndese coa parte inicial do 3º treito da Variante de Ribeira, cuxo proxecto de trazado completo se aprobou en agosto. Supón, desde xeito, o primeiro paso para facer realidade a Variante de Ribeira, que suporá un investimento autonómico conxunto de 10,3 M€.

Os Orzamentos da Xunta de 2023 reservan 1,5 M€ para avanzar nas expropiacións e no proxecto construtivo e licitación das obras da 1ª fase, entre a AC-550 e a avenida da Constitución, e con partidas plurianuais ata 2025 que acadan os 6,5 M€.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.