“Sardiñas e xurelos, primeiro. Despois o demáis”. Antón Luaces

19 Decembro 2022

Ninguén ten que lle dicir a un mariñeiro galego  ales son as súas prioridades á hora de falar de socioeconomía.

Pode ser ca eles, en xeral, non teñan os coñecementos necesarios para as grandes formulacións, a  macroeconomía; mais como os mellores especialistas en materia pesqueira, os mariñeiros galegos teñen -como algo intuitivo o ser ou non ser pescadores e. á vez, comedores de peixe. Deste xeito saben que nen moito menos sobra a sardiña e wue se necesita máis xurelo nos mercados. Velaí por que non semella esaxerado que o bar Rolinder e a confraría de pescadores de Celeiro largaran o aparello para capturar en terra aquilo que lles nega o mar: xurelo e sardiña. E a continuación , todo o demáis.

É visto: a pesca esmorece e, dende vai anos, o xurelo e a sardiña están pelexados co cerco galego. Tanto é así que a confraría de pescadores Santiago Apóstolo, de Celeiro botóuse á rúa pedindo apoio á cidadanía en xeral a prol da pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar industria europeas.

S aben ben que o importante, agora, é a pesca, que hay que salvar o sector pesqueiro porque sen este Galicia é menos Galicia, por moita Galicia que sexa. A confraría local e o bar de toda a vida en Celeiro reclaman a colaboración  cidadá para salvar o sector pesqueiro. “Solicitamos sinaturas de adhesión e apoio ao sector pesqueiro rexeitando as medidas que a Comisión Europea pretende impoñer  prohibindo a pesca de cotas en 87 áreas de augas europeas. Odas as persoas quje o desexen poden asinar nas oficinas da confraría en horario de despacho polas mañáns ou ben no bar Rolinder”. E está todo dito.

É unha chamada de socorro, sen dúbida. A mesma que a Comisión sectorial do cerco ven de facer da man da Consellería do Mar, reunidas para analizaren o resultado das negociscións dos TAC e cotas para 2023. Constataron a necesidade de que España adopte medidas que garantan a viabilidade do sector ante o recurte do xurelo no Cantábrico,  piden co Estado estude actuacións como  unha posible parada biolóxica patra os portos de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi e a habilitación  das correspondentes axudas para manter a rendabilidade da súa actividade, e apostar porque España negocie con Portugal un incremento das posibilidades de captura de sardiña en augas ibéricas unha vez que os últimos informes científicos mostran  que a especie está totalmente recuperada.

Sendo así, que ou quen impide que con sentido de equidade que tanto a sardiña coma o xurelo continúen sendo o prato forte da mesa galega.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...