Sábado con sol e temperaturas sen cambios

02 Decembro 2022

Galicia quedará na xornada do sábado nunha situación intermedia entre a borrasca localizada entre os Azores e a península Ibérica e un cinto de altas presións que se estende en latitudes altas desde o Océano Atlántico ata Rusia.

Deste xeito, amencerá con bancos de néboa no interior e con intervalos de nubes baixas no terzo norte que se moverán ata o norte de Pontevedra e o norte e leste de Ourense, con algunha chuvia ocasional no norte de Lugo, quedando o ceo máis despexado canto máis ao suroeste.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, rexistrándose xeadas en comarcas de interior, e as máximas descenderán na metade occidental e nas zonas altas de Lugo e Ourense e quedarán sen cambios no resto. Os ventos soprarán do leste e nordés, con intervalos fortes no litoral coruñés.

METEOGALICIA

O noso mar: Vento do nordés á mañá e do nordés á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:153.1 m
Baixamar06:181.2 m
Preamar12:343.3 m
Baixamar18:521.0 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:083.0 m
Baixamar06:101.2 m
Preamar12:253.2 m
Baixamar18:461.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar00:133.0 m
Baixamar06:141.2 m
Preamar12:293.3 m
Baixamar18:501.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.