
A Rede de Dinamización Lingüística trae a Ribeira a iniciativa Son no Berce da compañía A Cova das Letras. Trátase dun concerto didáctico-sensorial orientado a nenos e nenas de entre cero e tres anos. Esta actividade será impartida pola actriz Cristina Collazo quen, a través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, estimulará a imaxinación dos pequenos participantes. Son no Berce atópase integrada dentro da campaña Nadal en Rede.
O espectáculo terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas o sábado 17 de decembro. Haberá dous pases, o primeiro ás 11.45 horas e o segundo ás 12.30. Para participar é imprescindíbel realizar unha reserva enviando un correo a normalizacion@ribeira.gal no que se indique o nome e apelidos dunha persoa adulta acompañante, un teléfono de contacto, o número total de reservas e a idade dos pequenos e pequenas que desexen participar.



