Rianxo implusa a rede de abastecemento entre A Casilla e Pousada

07 Decembro 2022
Foto: C.R.

O Concello de Rianxo con fondos propios está a impulsar a colocación dun tramo da rede de abastecemento municipal no Araño entre A Casilla e Pousada. Para evitar actuacións posteriores está aproveitando as actuais obras de instalación das beirarrúas impulsadas pola Xunta na Ac 305 para instalar xa a tubaxe de suministro que se conectará coa rede xeral. Será un novo paso para dar continuidade ao servizo de abastecemento desde a zona de Outeiro en Taragoña e no que restará para a súa conclusión apenas 200 metros para a ligazón completa. Un tramo que se prevé realizar a continuación, nos vindeiros meses.
Anticipando tamén o futuro saneamento da aldea de Pousada, esta intervención contempla tamén unhas arquetas que darán saída aos sumidoiros aos que se enganchará a rede xeral nas obras de saneamento da aldea. Esta obra, saneamento de Pousada, forma parte do Plan Único da Deputación e prevese licitar nunhas semanas. Contará cun orzamento de 222.000 euros.

Foro: C.R.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.