Rianxo acollerá en Nadal actividades de lecer, culturais, creativas e de conciliación

16 Decembro 2022

As festas prometen ser completas en Rianxo, comezando polo que nos ten deparado a Carpa de Nadal do Concello, un dos centros neurálxicos da actividade rianxeira nestas datas sinaladas, emprazada no lugar do Campo. Entre o 26 e o 30 decembro dará acubillo a unha manchea de accións para a rapazada, entre as que se atopan as seguintes: obradoiros creativos (de 16.30 a 19h), monicreques (con Títeres Chachirulo o martes 27), maxia (o luns 26 co Mago Paco), música (con Paco Nogueiras o mércores 28) e circo (con Asacocirco o día 29). Tamén haberá actuacións para toda a familia (a partir das 19.00 horas) e a actividade Saraghallada (o venres 30).

Ademais, o Nadal de Rianxo virá coas seguintes propostas:

-Venres 30, 21.00 horas: Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora Concello de Rianxo.

-Escapismo Nadal 2022. O 24 de decembro. Organizan BeOne, o Concello, a ARE e Somos Rianxo.

-Mercaconcilia 2022. Actividade impulsada polo Concello destinada a achegar a alternativas de lecer ás familias para que se poidan facer as compras nos establecementos con total comodidade. Inclúe propostas de diversión para crianzas de entre 2 e 12 anos. Achegarase un espazo de xogos na Ludoteca Agarimo, os días 23, 24, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e máis os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Será un espazo de balde onde deixar ás nenas e nenos mercando produtos locais e selando a tarxeta de Mercaconcilia nos establecementos. O horario é o seguinte: de 10 a 14h e de 16.30 a 20.30 horas todos os días agás o 24 e o 31, xornadas nas que o horario de tarde reducirase de 16.30 a 18.30 horas. Ademais, o día 5 será só de mañá.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.