Rexeitada a revisión da pena a un ribeirense condenado por agredir sexualmente a unha menor

22 Decembro 2022

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, rexeitou revisar a pena a un ribeirense condenado a seis anos de prisión por agredir sexualmente á súa sobriña, menor de idade no momento dos feitos.

A solicitude de revisión vén provocada pola entrada en vigor da Lei Orgánica coñecida como lei do «só si é si», a través da que se están sucedendo numerosos axustes nas sentenzas desta índole.

O ribeirense foi acusado no ano 2019 como autor dun delito continuado de agresión sexual contra a súa sobriña, que no momento dos feitos axuizados tiña 11 anos de idade.

A Audiencia da Coruña entende que non procede a revisión da condena imposta no seu momento, xa que a nova norma non determina unha pena máis beneficiosa para o implicado.

Neste sentido, os maxistrados da Audiencia Provincial consideran que a pena que recibiría o implicado tras a revisión atópase «lonxe do mínimo legal e próximo ao límite máximo da pena».

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...